Traducións
Título [A] Os contos de animais na tradución oral palestina
Autoras/es Nome  Moncho Iglesias Míguez
Publicacións  [A] Os contos de animais na tradición oral palestina
Ilustracións  
Xénero  PROSA NON LIT_Ensaio
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2008
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  140 p.
Obra completa, Antoloxía  O traballo está composto de dúas partes: a primeira é unha descrición histórica, social e cultural de Palestina, na que se inclúe a súa tradición oral; a segunda é o estudo dos contos do corpus.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-612-3890-3
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Universidad Internacional Menéndez Pelayo/Fundación Araguaney. Col. Estudos Árabes e Islámicos
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  Os contos están expostos de forma que aparecen despois dos motivos principais que os caracterizan. Amais, anótanse as versións que poda haber na lingua galega, explicando así as coincidencias e diferenzas entre ambas culturas, concretamente no ámbito da narrativa oral. Por último, axunto unha copia do conto «O reiseñoriño», nunha transliteración do árabe, para poder apreciar a sonoridade do idioma.
As historias palestinas aquí recollidas foron gravadas en inglés e árabe, e as sacadas de libros, de publicacións en árabe, hebreo e inglés que eu traducín ao galego, intentando reflectir as ideas do orixinal.
A tradución dos contos orais é unha tarefa antiga, orixinada nas viaxes que levaron historias duns lugares a outros. No caso dos contos palestinos, a viaxe lingüística do árabe ao galego foi complicada, posto que o árabe coloquial é moi diferente ao literario e non hai dicionarios que rexistren a variedade palestina. Amais, algunhas das narracións conteñen pasaxes en prosa rimada e en verso –vésase o conto «A cabuxiña»– que son imposibles de reflectir debido á gran variedade de sons existentes en árabe, e dos que carece o galego.[Fragmento do Limiar de Moncho Iglesias]
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Os datos manexados están tirados, na súa maioría, do libro Palestine and Palestinians (2005), unha guía de viaxes palestina cunha ampla información histórica e social.
Ficheiros