Publicacións
Título Ultime lettere di Jacopo Ortis
Autoras/es Nome  Ugo Foscolo
Traducións  Últimas cartas de Jacopo Ortis
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Italiano - it
Ano  1802
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  
Lugar de edición: editora, colección  
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Tradución ao galego da primeira novela epistolar da literatura italiana, para a
elaboración da cal, Niccolò Foscolo Zante (1778-Londres, 1827), verdadeiro nome do
autor, partiu de Laura, lettere (1796), unha historia de amor inspirada no suicidio do
universitario Girolamo Ortis, e nun episodio autobiográfico: o afecto que el mesmo sentiu por Isabella Teotochi Albrizzi.
Con posterioridade, o autor reelaborou o texto e
engadiulle nas sucesivas edicións máis detalles relacionados coa súa biografía até
chegar ao texto definitivo, datado en Londres en 1817. O material epistolar preséntase
recompilado polo destinatario e suposto editor, Lorenzo Alderani. Jacopo, un mozo
burgués inmerso nas loitas políticas do momento, vese obrigado a fuxir de Venecia e,
durante a súa estadía nos Euganeos, de camiño ao exilio, escríbelle a Lorenzo longas
reflexións sobre o seu descontento pola marcha do país, ao tempo que lle confesa os
seus sentimentos por Teresa. As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a
corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana. Na liña
da novela sentimental e dos motivos propios do xénero epistolar —sobre o modelo da
Nouvelle Héloïse (1761) e do Werther (1774)—, mais tamén influenciado pola obra de
Vittorio Alfieri, este texto conxuga o discurso amoroso co político e identitario.
Consonte co espírito romántico, Jacopo só enxerga unha saída para calmar o seu
desacougo: a destrución de si mesmo.
Ficheiros